Responsive image


 

Informe sobre o transporte público urbano en Galicia

Autores: Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas

O presente informe ten como obxectivo a análise e diagnose da situación actual do transporte público urbano na Comunidade Autónoma de Galicia. Con esta finalidade o traballo a desenvolver consta de tres partes diferenciadas. A primeira consiste na xustificación do transporte público de carácter urbano como servizo público e a súa necesaria provisión por parte das autoridades competentes na materia. A atención céntrase no ámbito urbano (municipal, metropolitano, etc.) onde farase fincapé na necesaria intervención pública fundamentada en aspectos tales como a existencia de fallos de mercado, a aparición de externalidades ou a mellora de eficiencia que se consegue.

De seguido, o segundo apartado do informe ofrece unha panorámica sobre a xestión do servizo do transporte local. Nomeadamente, procederase cunha revisión das referencias que existen nesta materia a nivel español para focalizarse de maneira particular sobre as sete áreas urbanas galegas. Prestarase atención á realización de comparativas entre concellos e/ou áreas en rateos económicos e de xestión habituais neste tipo de estudos que permiten avaliar os diferentes servizos de transporte público municipal existentes. A última parte presentará os principais resultados e conclusións.

 

Ver documento Ver dossier de prensa