GEN +

GEN+ é unha plataforma de transferencia de coñecemento no ámbito da economía e a gobernanza públicas; con interese particular no federalismo e na descentralización. GEN+ nace como unha extensión do Grupo de Investigación GEN (Governance and Economics research Network) da Universidade de Vigo. A súa forma xurídica é a de unha asociación sen ánimo de lucro.org

 

GEN+ organiza conferencias, encontros e workshops; e elabora informes de carácter público. Para desenrolar as súas actividades GEN+ conta con diversos socios públicos e privados cos que mantén acordos estables de colaboración ou cos que se definen colaboracións puntuais.

 

A actividade de GEN organizase en catro vectores: DERNET, RIFDE, GEN+ Reports e Red Localis; cada unha delas conta con unha estratexias e organización adaptadas ao obxectivo concreto que perseguen e as súas respectivas traxectorias.

 

GEN+ conta con un comité científico que o asesora nas súas diversas actividades.

 


Últimas novas

SABADELLGALLEGO asina un convenio con GEN PLUS

Santiago Lago, director de GEN PLUS y Pablo Junceda, director xeral de SabadellGallego asinaron un convenio para o patrocinio de eventos relacionados coas administracións públicas. Gracias á sinatura deste acordo, SabadellGallego promocionará o I Congreso Red Localis: “Las entidades locales ante la transparencia y la innovación” que se celebrará os días 20 e 21 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

 

Seminario Banco de España, MEDE e RIFDE-GEN

O 28 de abril Banco de España (DX de Economía e Estadística) e o Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE), en colaboración coa Rede de Investigadores en Financiación autonómica e Descentralización financieira en España RIFDE-GEN, organizan un seminario sobre "El acceso a la financiación de los mercados por parte de la Administración Regional: experiencia internacional y desarrollos recientes".

 

I CONGRESO RED LOCALIS

Có título “Las entidades locales ante la transparencia y la innovación” o I Congreso Red Localis, terá lugar no "Centro Cultural Marcos Valcárcel" (Ourense) os días 20 e 21 de xuño de 2017, organizado pola Red Localis e GEN +. O congreso consta de catro paneis con expertos ponentes do mundo académico e profesional, así como unha sesión especial na que participarán representantes do sector público local. O congreso complétase con varias sesións paralelas onde se presentarán as comunicacións.

 

III Conferencia Internacional: "Decentralization after the Great recession: Fine-tuning or Paradigm Change?"

Os días 26 e 27 de outubro de 2017, DERNET-GEN+ organizará una conferencia internacional sobre a descentralización despois da gran recesión, que terá lugar en Santiago de Compostela. Dirixido por Santiago Lago Peñas, Jorge Martínez-Vázquez e Ignacio Lago.